O evento mantense e celebrarase igualmente o luns 16 de novembro como estaba planificado. A planificación inicial que estaba programada a primeiros de ano, incluía unha ampla gama de actividades que se verán reducidas pola situación actual que estamos a vivir coa pandemia.
Unha alta porcentaxe da poboación galega ten un peche perimetral e, en xeral, existe unha restrición sobre a redución de aforo ás actividades culturais. É por iso, que o número de actividades verase reducido ás seguintes:
- Inauguración da exposición itinerante sobre o Alfombrismo e as actividades da Federación Galega de Alfombrismo, ás 18:00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu. Á inauguración acudirán varias autoridades físicamente e algunhas o farán de xeito virtual, por respectar o número máximo permitido de asistentes. Logo de BUEU, a exposición trasladarase a RIANXO, e posteriormente ás outras localidades con Alfombristas pertencentes á Federación.
- Conferencia virtual do arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, que versará sobre “O Patrimonio que non vemos”, ás 19:00 horas.
- Conferencia virtual da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueiras Rei, que afondará nos ritos, lendas e outros contidos inmateriais do Patrimonio Cultural, ás 20:00 horas.
O número máximo de asistentes virtuais é de 200 persoas, que se terán que inscribir previamente para recibir un código de acceso. Poderán formular en directo as cuestións e preguntas que estimen convenientes a calquera dos relatores. Esta inscrición será a través da ligazón: http://phrsoftware.es/foroalfombristas.
O teléfono de contacto para posibles dúbidas é o 662 124 541.
[su_image_carousel source=”media: 25120,25119″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]