O Concello de Baiona amplía o prazo ata o próximo 20 de febreiro para participar no cuestionario en liña orientado a coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade da súa veciñanza en relación ao Plan de Mobilidade Sostible do municipio.
A través da web do Concello de Baiona, calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar nunha consulta dixital en liña, que será de carácter anónimo, poderase cubrir na seguinte ligazón: plandemobilidade. com/ baiona, ou ben a través da páxina do Concello (baiona.gal) seguindo a ligazón do pop-up ao abrir a páxina.
O Concello de Baiona iniciou hai unhas semanas o proceso de redacción do seu Plan de Movilidad Sostible. Nestas primeiras semanas a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.
Dita consulta virá sumarse ás mesas de participación cidadá, nas que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do mes de febreiro en horarios de mañá e de tarde en dependencias municipais, @teniendo en cuenta e aplicando as medidas sanitarias oportunas. Ao mesmo tempo poderán enviarse suxerencias ao correo [email protected].
Desde o Concello de Baiona anímase á participación xa que se puxo en marcha o cuestonario en liña para coñecer os hábitos e propostas de todas as persoas que viven na vila, co obxectivo de facilitar a redacción do Plan de Movilidad Sostible.
A participación da cidadanía neste proxecto é fundamental para coñecer as necesidades reais da poboación e mellorar “de forma práctica e eficaz” a mobilidade de Baiona.
O obxectivo último da iniciativa desenvolvida polo Consistorio, coa que se busca dispoñer das opinións dos veciños e veciñas da Villa, é lograr un documento o máis consensuado posible para, a partir de aí, comezar a implementar as medidas que estableza o referido plan.