Domingo, 4 Maio de 2025

A campaña «AgresionOFF» da Arribada de Baiona proporcionou información a máis de 3.400 persoas

A campaña Agresión Off Eu Digo Non a Violencia Sexual desenvolvida polo Concello de Baiona durante a pasada Festa da Arribada, proporcionou información a un total de 3.440 persoas –1.933 mulleres (56 %) e 1.507 homes (44 %). Do total de persoas informadas a grande maioría, o 83%, foron menores de 30 anos, colectivo que era o principal destinatario desta campaña informativa.

A iniciativa incluía un punto informativo situado na rúa Elduayen con dúas informadoras e catro educadoras de rúa que percorreron o casco antigo e a zona de lecer nocturno á que acode a mocidade. Esta dinamizacion tivo lugar o venres 1 de marzo desde as 20:00 horas ata as 2:00 h; o Sábado 2 desde as 20:00 horas ata as 3:00 h e o domingo día 3 de marzo desde as 16:00 horas ata as 20:00 horas .

A informacion virou ao redor de que é unha agresion sexista, tipoloxía, pautas de actuacion ante unha agresion sexista , programa específico para mulleres que sufriron agresións sexuais, teléfonos de interese. Esta informacion foi complementada con flayers específicos para mulleres «Eu son libre. Eu decido» e para homes «Eu respecto. Se non é SI … é NON» nos que se estableceron pautas diferenciadas de acción; e merchading específico para a campaña co obxectivo de visibilizar a mesma ( mochilas, imáns, pulseiras etc ).

Posto informativo da campaña AgresionOFF coa lenda, ben clara, de «Baiona non tolera as agresións sexistas»

Participaron activamente na difusión da campaña máis de 40 establecementos de restauracion, exhibindo o material gráfico en lugares visibles dos mesmos, destacando a cartelería exposta nos cuartos de baño con mensaxes específicas para homes e mulleres. Sumáronse á iniciativa as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia, difundiento o material divulgativo nos barcos que achegaron aos e ás visitantes á Arribada , nos despachos de billetes de venda e a través das redes sociais.

Da mesma maneira a asociacion de taxistas de Baiona e as empresas de transportes GALISUR e ATSA , exhibiron nos seus vehículos a informacion dá a campaña. 

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou a boa aceptacion que tivo a campaña entre os e as visitantes durante a festa e sobre todo “a implicacion da mocidade, e das entidades e establecementos que colaboraron na súa difusión”.