O Concello de Redondela pon en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro 18 de decembro, remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do lixo, Taxa por entrada de vehículos (vaos) e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) correspondentes ao exercicio 2020.
As e os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das entidades bancarias colaboradoras –Abanca, Caixabank Banco Bilbao Vizcaya ou na Oficina Virtual Tributaria–, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e tardes de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas) ou na Oficina de Chapela situada na Avenida de Redondela 19 (horario de atención ao público os mércores de 9:00 h a 14:00 h).
Cómpre salientar que por mor da situación sanitaria, atenderase presencialmente de modo preferente mediante cita previa. Para mais información, interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte 986 408 374, ao correo electrónico [email protected] ou a través da Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es
Unha vez finalizado este prazo de período voluntario de pagamento, o cobro realizarase por vía executiva aplicando as recargas de apremio regulamentarias.