Sábado, 3 Maio de 2025

«Preocupémonos: menores e apostas», charla de Érguete no Multiúsos da Xunqueira

A Asociación desenvolve un proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas que terá unha primeira charla o 13 de novembro ás 19 horas.

A Asociación Érguete organiza, para mañá mércores, 13 de novembro ás 19 horas, unha charla informativa co significativo título de ‘Preocupémonos: menores e apostas’, iniciativa que se desenvolve ao abeiro do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela.

A charla será impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía e Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que afondará sobre a actual situación, explicará os datos máis recentes da nosa comunidade, sinalará as motivacións que levan aos e ás adolescentes a apostar e con que outros comportamentos está relacionado.

Amais, na charla explicaráse de xeito detallado que se pode facer dende as familias para axudar a previr esta situación no marco dunha responsabilidade social compartida.

O Concello de Redondela, a través da área de Servizos Sociais, subliña a necesidade deste tipo de iniciativas que permitan “abordar especificamente o problema da participación dos menores de idade nas apostas e xogos.