18.7 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaOs pilotos redondeláns Théo e Álex Gourdon Rafael debutan no campionato Hawkers...

    Os pilotos redondeláns Théo e Álex Gourdon Rafael debutan no campionato Hawkers European Talent Cup

    Os irmáns dan o salto a nivel europeo e abrirán a tempada esta fin de semana no circuíto de Estoril

    Os pilotos redondeláns Théo e Álex Gourdon Rafael debutarán esta fin de semana no campionato Hawkers European Talent Cup, dentro do Fim Cev Repsol, e farano da man do equipo Leopard Impala Junior Team.

    Aos seus 15 e 13 anos de idade, respetivamente, os irmáns dan o salto a nivel europeo e abrirán a tempada no circuíto de Estoril, onde esperan estar á altura, sendo conscientes de que este ano competirán con pilotos de alto nivel e deberán dar o mellor de si mesmos para obter os bos resultados da tempada pasada no campionato ESBK.

    Théo Gourdon comenta que o seu principal obxectivo nesta competición é “ir escalando posicións dende abaixo ao longo da tempada. Sei que isto pode ser difícil, pero intentarei esforzarme ao máximo para logralo”. Pola súa banda, Álex ten en mente continuar coa súa aprendizaxe e espera poder “ir a máis a medida que avance a tempada, nunca a menos”, explica.

    Cabe lembrar que o ano pasado os irmáns Gourdon correron no Campionato de España ESBK 2020, superando os seus obxectivos iniciais de longo, posto que Théo logrou clasificarse como o terceiro mellor piloto da súa categoría a nivel nacional.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.