O Obradoiro Fernando Monroy presentou o pasado 22 de maio a reedición do seu primeiro libro o ‘Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes’. No aspecto máis detallado, realmente foi como facer unha publicación nova porque a edición está totalmente renovada e engadíronse moitos elementos descubertos na última década como o marco da pantalla ou os muíños do río Pexegueiro, que non estaban na primeira edición.
A dirección do colectivo, ademais, decidiu facer entrega dun exemplar de balde a cada un dos socios do Obradoiro. Algún deles xa recibiron a publicación no acto e outros foron entregados en man nos últimos días. Pouco a pouco, os directivos están precedendo á entrega e todos aqueles socios que aínda non recibiron o libro poden dirixirse ó mail do colectivo [email protected] para pactar un sistema. Existen copias para todos os asociados, de xeito que ningún vai a quedar sen él. Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración do décimo quinto aniversario do Obradoiro.

A publicación, coa presenza da alcaldesa de Redondela Digna Rivas, e un importante número de concelleiros, presentouse no ximnasio do centro escolar de Cesantes ante 70 persoas, o aforo máximo permitido na pandemia do covid. Deste xeito, o colectivo regresou á orixe do libro porque, no seu día, foi unha iniciativa nada na escola a que puxo a andar o Inventario, unha propusta que herdou e asumiu a primeira directiva do Obradoiro Fernando Monroy e que agora, máis de dez anos despois, recibe unha nova edición actualizada, ampliada e revisada.