O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy xa instalou no Multiusos de Redondela a exposición correspondente ao décimo sétimo certame de fotografía. A mostra estará aberta ata o vindeiro mes marzo e na inauguración estivo presente a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa.
Como é habitual en todas as edicións, as fotografías presentadas ó Certame de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy foron penduradas nunha exposición na sala principal do Multiusos da Xunqueira. Tras a mostra inaugural en Cesantes, a segunda parada é o edificio situado na cabeceira do Concello. Alí están os dous centenares de imaxes que, un ano máis, teñen unha calidade excelente. Por suposto, entre elas están todas as premiadas.

No Multiusos estarán ata finais do mes de febreiro e, despois, continuarán a xira por diversos puntos do municipio. O paso por Chapela e Cedeira sempre está no percorrido habitual realizado polo Obradoiro Fernando Monroy, aínda que, nos vindeiros meses tamén haberá outros puntos nos que poidan observarse as fotografías. Deste xeito, a entidade promotora busca que o certame e a correspondente exposición, dure todo o ano natural. Una actividade presente os 365 días.
Cadro de galardóns:
- Premio a mellor á fotografía: Óscar Alonso Cabaleiro. Título: “O pescador”
- 1º premio categoría adultos: Juan Fernandez Varela. Título: “Galos”
- 2º premio categoría adultos: Lucia Otero Pazos. Título: “María Álvarez Lamas”
- 3º premio categoría adultos: Jose Andrés Lago. Título: “Soria”
- 1º premio categoría xuvenís: Uxía García Cal. Título: “O Lazo Roxo”
- 2º premio categoría xuvenís: Xoel Casal Blanco. Título: “O parque das follas”