Domingo, 4 Maio de 2025

O multiúsos da Xunqueira acolle unha charla sobre educación afectivo-sexual ás familias

Este martes 21 de xaneiro o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá a charla interactiva sobre Educación Afectivo-Sexual que correrá a cargo da médico de familia e especialista en Educación para a Saúde, Ana Prejigueiro Santás.

A charla terá lugar ás 20:00 horas e nela se falará, entre outras cousas, do síndrome da beleza inalcanzable e a ditadura social, a obrigatoriedade ou non de integrar sexualidade e afectividade, as relación de parella entre adolescentes e de cómo marcan as redes sociais.