12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaDigna Rivas entrega os diplomas do curso de Coidados ás Persoas Maiores

    Digna Rivas entrega os diplomas do curso de Coidados ás Persoas Maiores

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, asistiron á entrega de diplomas do Curso en atención e coidado de persoas maiores que se desenvolveu de maio a xuño nas instalacións do Multiúsos da Xunqueira. Este contaba coa colaboración da Fundación FormaVigo e a subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en coordinación co Concello de Redondela.

    No acto tamén estaba presente a coordinadora Fernanda Couñago, xunto coas 10 alumnas que remataron con éxito as 160 horas de formación. Nas primeiras 80 horas aprenderon mobilizacións, técnicas de primeiros auxilios, atención socio sanitaria, axuda a domicilio, coidados a persoas dependetes e  alimentación, entre outras cousas. As últimas 80 horas estaban dedicadas á prácticas en colaboración cos Centros de Día e asociacións de Redondela.

    “Algunhas das mulleres que participaron no curso atoparon traballo antes de rematar as prácticas. Tecemos unha rede que impulsa a confianza para emprender nun campo tan necesario como son os coidados das persoas maiores”, explica Couñago.

    Digna Rivas salientou a importancia desta actividade formativa “que contribúe a incrementar o benestar das persoas maiores”. Para alcaldesa redondelá, as persoas que se encargan do coidado das e dos nosos maiores “deben contar con coñecementos teórico prácticos que lles permitan realizar esta importantísima tarefa coas maiores garantías”.

    Persoas maiores

    Cómpre salientar que o colectivo de persoas maiores foi, dende o inicio do mandato, un dos eixos da política do Goberno socialista redondelán como o demostra a creación dunha concellería específica das Persoas Maiores –inexistente en anteriores gobernos– que xestiona Iria Vilaboa.

    O coidado das persoas maiores para o Goberno redondelán, va máis aló de iniciativas como esta que contribúan a mellorar a súa calidade de vida ao poder contar con coidados no seu fogar a cargo de persoal cualificado. “Coidas aos nosos e ás nosas maiores é tamén facelos partícipes activos da vida social, cultural e política do municipio”, explica Digna Rivas para quen este colectivo “ten unha experiencia aprendida ao longo dos anos, tanto no seu traballo como na súa propia experiencia vital, que non podemos permitirnos o luxo de desperdiciar”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.