Domingo, 4 Maio de 2025

Comezan os traballos de reparación da xunta de dilatación da pila sur da Ponte de Rande

Cortarase ao tráfico o carril dereito do taboleiro central, sentido Vigo, onde se executan os traballos, entre as 09 h do sábado 22 de maio e as 17 h do domingo 23 de maio.

Esta fin de semana realizaranse os traballos de mantemento programado na ponte de Rande (autoestrada AP-9), consistentes na substitución dunha xunta de dilatación do taboleiro central da ponte á altura da pila Sur, afectando o carril dereito en sentido Vigo.

Click para ampliar

Está previsto que a actuación se inicie o sábado 22 de maio ás 09 h da mañá e finalice o domingo 23 de maio ás 17 h. En consecuencia, durante ese período será necesario realizar un corte do carril dereito do taboleiro central en sentido Vigo, en toda a lonxitude da ponte de Rande.

Os vehículos procedentes de Pontevedra circularán polo carril esquerdo, mentres que aqueles que proveñan do Morrazo circularán a través do taboleiro lateral ampliado, en ambos os casos en sentido Vigo. Non haberá afeccións ao tráfico en sentido Pontevedra.

As afeccións estarán debidamente sinalizadas na AP-9 e a través dos paneis de mensaxe variable.