Sábado, 3 Maio de 2025

Comercio e hostalaría de Redondela poñen en valor a oferta dos seus establecementos a través da promoción online

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha a campaña de promoción de vendas do día do pai coa publicación do catálogo on line de 'Ideas para Regalar'

Co obxectivo de por en valor a oferta local, a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña de promoción de vendas. Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso, a través dun código QR, a un novo catálogo de produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.

A asociación quere amosar a variedade e especialización do comercio de Redondela a través da edición deste catálogo especial para o día do Pai que se comeza a publicar hoxe e que irá incorporando novidades diarias ata o día 19, festividade de San Xosé, na que tradicionalmente se celebra o día do Pai.

Dende esta ligazón pódese acceder ao catálogo especial para o Día do Pai.