Sábado, 3 Maio de 2025

As Bibliotecas de Redondela premian aos seus lectores máis activos no 2021

As Bibliotecas Municipais de Redondela e como parte das celebracións do Día Mundial do Libro, fixeron entrega dos premios aos lectores e lectoras, maiores de 14 anos, que durante o pasado 2021 utilizaron máis o servizo de préstamo. Amais do recoñecemento que levan implícito os galardóns buscan tamén ser un medio de fomentar a lectura e a utilización das infraestruturas bibiliotecarias do municipio.

Os galardoados foron Eulogio Parga como usuario da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela e María Teresa Míguez, como usuaria da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. O recoñecemento os fai merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio ao tempo que son nomeados e nomeadas Socios de Honra das bibliotecas ata a celebración do vindeiro ano, o que lles posibilitará levar un maior número de documentos en préstamo durante este tempo.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que quixo transmitir a súa felicitación a Eulogio Parga e Teresa Míguez, quixo tamén facer extensivo ese recoñecemento “ao enorme traballo de dinamización da lectura e polo tanto, de promoción da cultura, que están a desenvolver as bibliotecas municipais redondelás”.