Debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro.
Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.
A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada.
Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.
Nos paseos dinamizados por FAIA Educación Medioambiental o participante poderá observar, tocar e escoitar temas sobre a formación das rías, dunas, ecosistemas mariños, grupos de algas, avifauna costeira, as marismas de Soutoxuste, historia evolutiva, xeoloxía e outros temas que que protagonizan a biodiversidade da Rede Natura 2000 da Enseada.
Actividades de balde con prazas limitadas por mor da pandemia da Covid-19.
Tema: “As algas na intermareal”
Datas e prazas dispoñibles :
- Actividade programada en agosto para o Sábado 19 de Setembro quedan 5 prazas de reserva ( saída 10:30 dende lonxa de Cesantes).
- Nova data para o domingo 20 de setembro quedan 2 prazas dispoñibles (o resto cubriuse coas persoas de reserva das actividades pasadas) e 5 prazas de reserva dispoñibles (saída 10:30 dende a lonxa de Cesantes).
Novo tema: “A flora das Dunas de Cesantes e o Litoral de Soutoxuste”
Datas e prazas dispoñibles:
- Nova actividade o Sábado 3 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).
- Nova actividade o Sábado 10 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).
- Nova actividade o Sábado 17 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).
- Nova actividade o Sábado 24 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).
Inscrición de balde
- En [email protected].
- No 986 400 300 -Turismo, horario de 11h a 14h
- Presencial, na Oficina de Turismo do Concello de 11h a 14h e de 15h a 19h.
“ A nosa biodiversidade o seu legado”. Por iso agardámosvos na Rede Natrura 2000 da Enseada para dar un paseo educativo con FAIA Educación Ambiental que dinamizará as actividades.