Sábado, 3 Maio de 2025

A Vía Verde de Chapela que se inaugura este sábado contará con banda sonora propia

A alcaldesa Digna Rivas subliña a importancia de políticas “que permitan gañar espazos de esparexemento e convivencia para a cidadanía”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiros da Corporación Municipal, inaugurará este vindeiro sábado 21 de maio, ás 20 horas, a Vía Verde de Chapela. Se ben a vía está operativa dende hai uns meses, o acto inaugural tivo que ser aprazado polas restricións sanitarias vixentes naquel momento pola pandemia da Covid-19.

O acto contará con banda sonora propia xa que, para esta ocasión especial, a Banda de Música de Chapela ofrecerá un concerto que baixo o nome de Cambio de Vía, combina a música composta pola banda co relato escrito e narrado por Berto Pirata. Música e letras únense para homenaxear ao tren e dar a benvida á Vía Verde de Chapela.

Digna Rivas puxo de manifesto a importancia das políticas que, como as que se están a desenvolver agora en Redondela, “permitan gañar espazos para o esparexemento e convivencia da cidadanía”.

A rexedora local lembrou que a transformación da zona que ocupaba a vía férrea va máis aló da propia Vía Verde xa que la contorna a antiga estación crearase un espazo deportivo e skatepark cuxo proxecto atópase, nestes momentos, en fase de redacción. A posta en marcha deste espazo “da resposta ás demandas da mocidade de Chapela e, ao mesmo tempo, continúa o proceso de recuperación e transformación da contorna”

“Asistimos nestes tempos –afirma a alcaldesa de Redondela– a un cambio de tendencias nas vilas e cidades nas que se prima a recuperación de espazos para as persoas fronte aos vehículos, transformándoas en espazos amables, seguros e que melloran a calidade de vida das veciñas e veciñas”.

Nese sentido, a Vía Verde recupera un espazo absolutamente degradado para convertelo “nun balcón privilexiado sobre a ría”, conclúe Digna Rivas.