11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Illa de San Simón acolle este sábado o ciclo de conferencias...

    A Illa de San Simón acolle este sábado o ciclo de conferencias ‘A música alfonsina en Galicia’

    A actividade busca homenaxear a Alfonso X O Sabio, autor das Cantigas de Santa María, no 800 aniversario do seu nacemento

    A Illa de Simón acollerá, este sábado 2 de outubro, un ciclo de conferencias que se desenvolverá baixo o título ‘A música afonsina en Galicia’, e que xirarán arredor da música medieval na época de Afonso X, o rei autor das Cantigas de Santa María. Os relatores serán Carlos Villanueva, Francisco Luengo, Esperanza Mara e Luciano Pérez, que se encargarán de falar sobre distintos aspectos musicais do período medieval galego.

    Con esta iniciativa –que se suma a outras que se realizarán por toda Galicia para homenaxear o monarca sabio ao cumprirse o 800 anos do seu nacemento– o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela retoman o convenio de colaboración asinado no seu momento polo que ambas entidades comprometéranse a impulsar actividades culturais que se concretarían en conferencias e en exposicións, actividades que estiveron detidas debido ás restricións impostas pola pandemia da Covid.

    Á inauguración do acto asistirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, como mostra do reimpulso que estas dúas institucións queren dar ao convenio asinado no seu momento. De feito no mesmo acto adiantaranse algunhas actividades previstas para o vindeiro ano que xirarán arredor da Memoria Histórica e dunha exposición no Multiúsos da Xunqueira.

    A inscrición é totalmente gratuíta e pódese facer por medio da web do Consello da Cultura Galega e, para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela no enderezo de correo electrónico normalización@redondela.gal. As prazas son limitadas e respectaranse todas as medidas sanitarias. Compre lembrar ás persoas que vaian asistir a este ciclo de conferencias, que a saída en barco de

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.