Domingo, 4 Maio de 2025

Rematadas as obras de pavimentación de barrios en Salvaterra de Miño

Dentro do plan de mellora da rede municipal de viais, o Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras  de pavimentación nos barrios de Chan da Igrexa, na parroquia de Pesqueiras, e en Cotodouro-Gandarachán, na parroquia de Alxén, cun orzamento total de 57.394,79€, que o Concello de Salvaterra de Miño financia a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Coas obras que se plantexan neste proxecto preténdese mellorar o servizo que ofrecen os camiños, xa que son viais moi empregados polos veciños da zona, e  que nestes momentos encontrábanse nun estado de deterioro moi importante. Para a pavimentación definitiva extendeuse e compactouse máis de 2.500m2  dunha capa de rodadura de mistura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70, con limpeza de cunetas incluídas.