Domingo, 4 Maio de 2025

Unha colisión entre un coche e un camión deixa tres feridos en Ponteareas

Unha colisión entre un coche e un camión deixou tres feridos en Ponteareas.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na A-52, ao paso pola parroquia de Guláns, cando pasaban uns minutos da unha desta tarde.

Como consecuencia do impacto, tres persoas, dúas que viaxaban no turismo e o condutor do camión, sufriron lesións de diversa consideración, polo que foron evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Na atención dos afectados tamén colaboraron os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e os Bombeiros de Baixo Miño, aínda que anularon a súa saída ao confirmarse que as persoas estaban liberadas e accesibles.