O Concello de Ponteareas informa que como consecuencia das obras de instalación da caldeira de biomasa se restrinxirá o acceso rodado á rúa Santa Ana dende o venres 12 ás 8 horas até o sábado 13 ás 18 horas do seguinte xeito:
TRAMO 1: dende Vidales Tomé até a entrada da Residencia Santa Ana: non se poderá circular nin entrar nin sair con vehículos. En consecuencia non será posíbel a entrada e saída nos garaxes situados nese tramo.
TRAMO 2: Dende a entrada da Residencia Santa Ana até a Praza Maior/San Xoaquín: poderase acceder pola rúa de Oriente e San Xoaquín; sairase pola Praza Maior.
No tramo 1 puntualmente por razóns de seguridade poderase limitar a accesibilidade a pé.
Agradecemos a comprensión da veciñanza diante das incomodidades e inconvintes que sempre xera calquera obra en espazos públicos. Para calquera aclaración ou situación non prevista nesta comunicación poden contactar coa Policía Local (092 desde Ponteareas ou 986640050) ou en [email protected].