13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPremios e agasallos para festexar o Día das Persoas Usuarias na biblioteca...

    Premios e agasallos para festexar o Día das Persoas Usuarias na biblioteca municipal de Ponteareas

    Celebrarase o vindeiro martes 11 de xaneiro con marcapáxinas para todas as persoas asistentes e con libros para os usuarios e usuarias con máis préstamos no ano 2021

    A biblioteca pública municipal de Ponteareas celebra o vindeiro martes 11 de xaneiro o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. Será unha xornada coa que render homenaxe a todas as persoas que desfrutan deste servizo e “fomentar a lectura entre toda a veciñanza.

    Convidamos a todas e todos os ponteareáns a que se acheguen á biblioteca e coñezan este lugar onde poden divertirse no seu tempo de lecer”, asegura o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

    A partir das 18.30 horas a biblioteca recoñecerá aos e ás súas usuarias co nomeamento das persoas con máis préstamos no ano 2021 tanto na categoría infantil como na de adulto, ás que a concellaría agasallará cun lote de libros. Ademais tamén se entregarán marcapáxinas a todas e todos os asistentes.

    A animación á lectura é unha das prioridades da biblioteca municipal, así como as actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e, en definitiva, “de apertura ao público en xeral”. O edil salienta a importancia deste servizo aberto nun amplo horario e para todos os públicos, “un lugar no que atopar lectura e actividades culturais, pero tamén un espazo para o estudo e para ampliar a súa formación ou de encontro no que atopar persoas con inquedanzas semellantes”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.