15.5 C
Pontevedra
Luns, 7 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas homenaxea a Álvaro Pino no 35 aniversario da súa vitoria na...

    Ponteareas homenaxea a Álvaro Pino no 35 aniversario da súa vitoria na Volta a España

    As inscricións xa están abertas a través da web www.clasicaalvaropino.com

    Este xoves foi presentada oficialmente a Clásica Álvaro Pino, en virtude do convenio de colaboración entre o propio protagonista, a asociación deportiva Plan C e o Concello de Ponteareas. Desta forma recupérase a Marcha Cicloturista tras cinco anos sen celebrarse. Ao acto, no que se homenaxeou ao ex ciclista polo 35 aniversario da súa vitoria na Volta a España e que foi presentado polo popular presentador Terio Carrera, asistiron o ex corredor Álvaro Pino, a alcaldesa de Ponteareas Cristina Fernández Davila, o concelleiro de deportes Miguel Bouzó, diferentes autoridades da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Ciclismo, o  GDR Condado Paradanta, o ciclista Borja Gómez, así como representantes de todos os patrocinadores da marcha.

    Pino amosou o seu máis sincero agradecemento pola iniciativa que supón a volta dunha marcha con 13 anos de historia e un gran prestixio a nivel nacional, sendo hai anos a proba máis numerosa en Galicia, e sinalou que se involucrará no evento na medida das súas posibilidades, á vez que prometeu “poñerse a adestrar duro” para o próximo 3 de outubro.

    A alcaldesa nacionalista Cristina Fernández mostrou o seu agradecemento á organización e a todas as institucións e patrocinadores que fixeron posible que esta marcha con historia volva recuperarse no Condado, e destacou que é moi importante para Ponteareas, non só pola tradición ciclista que ten o  Concello que conta con tres ponteareáns que gañaron a Volta a España -o propio Álvaro Pino, e os irmáns Delio e Emilio Rodríguez Barros- senón porque tamén supón unha reactivación do deporte nestes tempos da COVID-19.

    Os membros da asociación deportiva Plan  C, xunto con Álvaro Pino, foron os encargados de debullar o que será esta nova edición da Clásica Álvaro Pino e que supón o comezo dunha “nova e ilusionante etapa” encamiñada a situar a proba como un dos máis importantes referentes a nivel galego.

    Os primeiros pasos xa se están dando este ano, no que se estrea percorrido, “buscando unha maior beleza paisaxística e contribuíndo á promoción de novos enclaves da Comarca de Condado Paradanta”, segundo sinalaron os organizadores.

    Sete serán os  concellos que poderán vivir de preto a Clásica Álvaro Pino, que partirá e finalizará en Ponteareas tras pasar por Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves e Salvaterra. Manterase un ano máis a filosofía de “achegar o ciclismo ao público”, apuntan os organizadores, respectando e cumprindo sempre as medidas de seguridade debidas á situación actual. Álvaro Pino  aproveitou para animar a todos os veciños a que o día 3 de outubro se unan a esta gran festa do ciclismo que é a Clásica Álvaro Pino.

    A día de hoxe están previstas 300 inscricións, respectando os límites que se marcan debido ás restricións actuais, pero os organizadores son positivos e esperan que a situación mellore e se poidan abrir máis inscricións. Estas, xa se poden realizar a través da páxina web www.clasicaalvaropino.com, onde se irán abrindo paulatinamente, de 100 en 100, sendo as primeiras 100 as que teñan un custo menor, e así sucesivamente coas seguintes quendas.

    Desde a organización da proba tamén aproveitaron o acto para mostrar o seu agradecemento polo apoio prestado por Grupo Sestelo e  Axa José Alfaya -patrocinadores principais da marcha-, o  Concello de Ponteareas,  a Deputación de Pontevedra, a Federación Galega de Ciclismo,  GDR Condado Paradanta,  Rodosa,  Darlim,  Gadis, Augas de Mondariz,  Bicimecánica, Ferretería Barral, así como a numerosos comercios locais, que a pesar dos complicados tempos seguen apostando por este deporte e permitindo que se poidan levar a cabo probas como esta.

    Percorrido

    Trátase dun percorrido de 110 quilómetros, con saída (9:30 horas) e chegada a Ponteareas, cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, pero tentando  reagrupar aos corredores nos  avituallamientos da Cañiza e Covelo tentando así evitar a dispersión. A marcha pasará por 7  concellos (Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves e Salvaterra), terá máis de 2.000 metros de desnivel acumulado nun percorrido esixente pero asumible, e pasará por 3 altos de montaña -Piñeiro,  Moncelos e  Luneda- sendo este último cronometrado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.