A Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas vén de recibir unha invitación para participar no V Encontro Internacional de Alfombristas Virtual de Uriangato 2020′, actividade que terá lugar o día 6 de outubro con motivo das festas de San Miguel Arcanxo da localidade mexicana.

Así mediante carta do alcalde de Uriangato, Anastacio Rosiles Pérez, envióuselle esta invitación oficial á Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas para participar no maior evento de arte Efémera que se realiza en Mexico, e no que, ademais de alfombristas de México, participarán delegacións de Alemaña, Arxentina, Portugal, India, Polonia, Estados Unidos, Colombia, Guatemala, Nicaragua, O Salvador, Brasil, Italia e España, todos eles membros da Comision Gestotra de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago que preside Ponteareas.
Unha vez aceptado o deseño proposto pola delegación de Ponteareas por parte do persoal coordinador de presidencia municipal de Uriangato, poderase iniciar coa elaboración da alfombra conforme aos seguintes criterios:
- Os materiais quedan a libre elección, de acordo aos usos e costumes de cada país participante.
- Cada Asociación deberá presentar un vídeo cunha duración máxima de 5 minutos onde expoñerá os seguintes puntos:
- Explicación dos materiais e técnicas empregadas para a elaboración da súa tapete ou alfombra.
- Explicación do deseño co cal participa no encontro.
- Mensaxe para a cidadanía de Uriangato.
Para iso membros desta Asociación confeccionarán unha alfombra de flores o próximo día 3 de outubro en para poder gravar un vídeo que será enviado aos organizadores do V ENCONTRO INTERNACIONAL DE ALFOMBRISTAS VIRTUAL, vídeo que posteriormente será emitido a todo o mundo dende a páxina oficial do Concello de Uriangato.