Esta fin de semana o traxe tradicional galego será o protagonista dunha homenaxe na parroquia ponteareá de Santa María de Areas.
O sábado 13 de agosto, a partires das 20.00h, as e os asistentes á Xornada do Traxe Tradicional, terán a oportunidade de afondar na nosa tradición a través dunha exposición, haberá tamén un desfile de vestimenta tradicional galega e dúas actuacións: As Salgharitas amenizarán a velada a ritmo de pandeireta, e o Grupo Folclórico de Areas porá o broche de ouro a esta primeira xornada con vocación de continuidade.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece “á Asociación Cultural Areas a súa iniciativa e asegura que todos aqueles proxectos que teñan como obxectivo poñer en valor o legado dos nosos devanceiros, contarán co apoio do Concello”.