14.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasOs Reis Magos recibirán aos nenos de Ponteareas este mércores 5 no...

    Os Reis Magos recibirán aos nenos de Ponteareas este mércores 5 no auditorio municipal

    Será a partir das 18.00 h con todas as medidas de prevención

    Os Reis Magos adáptanse un ano máis á situación sanitaria para achegarse aos nenos de Ponteareas de xeito seguro. Por este motivo, nesta ocasión o Concello transformará a tradicional cabalgata nun encontro cos cativos a partir das 18.00 horas no vestíbulo do auditorio municipal este mércores 5 de xaneiro con todas as medidas de prevención.

    “Ante a actual situación sanitaria este ano non haberá cabalgata por precaución, pero non queriamos que os rapaces e rapazas da vila tiveran que renunciar a unha xornada de maxia e de ilusión. Un ano máis non poderán ver pasear ás súas Maxestades polas rúas, pero gozarán da súa visita priorizando a saúde de todos e todas”, salientou o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó.

    Para garantir a seguridade de todas as persoas, haberá unha fila no exterior das instalacións na que se deberá gardar a distancia de seguridade e control de acceso para garantir o bo desenvolvemento da recepción das súas Maxestades. Ademais, cada neno e nena poderá acceder ao recinto acompañado dunha soa persoa adulta para recibir de mans dos Reis un obsequio e caramelos sen glute.

    Para amenizar a tarde, dende as 17.00 horas haberá animación nas rúas na contorna do auditorio municipal.

    A visita dos Reis Magos a Ponteareas comezará xa o mércores 5 pola mañá coa recepción oficial aos Reis Magos na Casa do Concello ás 12.00 horas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.