21.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO programa ‘Coñece Ponteareas’ lévanos tras os pasos do Mestre Cerviño polo...

    O programa ‘Coñece Ponteareas’ lévanos tras os pasos do Mestre Cerviño polo centro urbano

    O programa ‘Coñece Ponteareas’ regresa esta fin de semana cunha nova proposta para seguir afondando na historia da vila. Posto en marcha polo departamento de Turismo do Concello, dependente da Concellaría de Promoción económica, a vindeira cita será este domingo 28 de agosto cunha visita a través da que o público poderá seguir os pasos do Mestre Cerviño polo centro urbano da vila.

    A ruta, de balde, comezará ás 11.00 horas e terá como punto de encontro a igrexa parroquial. A actividade conta con prazas limitadas, polo que é necesaria a reserva previa de praza. As persoas interesadas poden inscribirse xa na Oficina de Turismo, enviando un correo a turismo@ponteareas.gal ou chamando ao 637 724 301.

    Con esta visita guiada continúa un verán cheo de percorridos por distintos puntos da vila ponteareá cos que o Concello busca achegar ao público Ponteareas a través de diferentes experiencias coas que desfrutar da historia ou da natureza.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.