Sábado, 3 Maio de 2025

O Club Natación Ponteareas campión galego absoluto

A pasada fin de semana, a piscina Rosario Dueñas, en Ourense, viviu un emocionantísimo Campionato Galego Absoluto de Verán.

O club do condado estivo loitando pola primeira posición durante os tres días de campionato, sen acadar nunca a cabeza da mesma.

Deste xeito chegabase á última proba, as remudas, con todo por decidir.

Grazas ao extraordinario papel dos equipos masculino e feminino nesta derradeira proba, o equipo da vila do Tea foi quen de acadar, in extremis, o liderato conxunto do campionato con, atención, un punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o CN Pabellón Ourense. O CN Portamiñá (Lugo) completou o podium en tercera posición.

O CN Ponteareas sumou un total de 22 medallas, 8 ouros, 6 pratas e 8 bronces.

Na clasificación feminina, o CN Ponteareas acadou o 2º lugar, mentres que os nadadores finalizaban nun 5º posto na clasificación masculina.

Con estas 22 medallas en probas individuais e de remudas e o título de campión, o club mantense un ano máis na cúspide da natación galega.