Domingo, 4 Maio de 2025

O Auditorio de Ponteareas énchese de Música coas audicións do Conservatorio

Esta semana, veciñas e veciños de Ponteareas terán a oportunidade de asistir ás audicións que, con formato de micro concertos ofrece o Conservatorio Municipal de Música ‘Reveriano Soutullo’ é que esta tarde tiña a súa primeira cita coa audición de piano, primeiro, e posteriormente coa de violín e guitarra.

Mañá mércores 29 a partir das 18:30 horas haberá unha nova audición de piano e a partir das 20 horas será a quenda da de coro e orquestra.

O xoves día 30 a partir das 18:30 horas veciñas e veciños poderán asistir a audición de clarinete e frauta e, partir das 20 horas, de saxofón e oboe.

Xa o venres 31 a partir das 17 horas é a quenda de violonchelo e viola e a partir das 18:30 horas a de piano, ámbalas dúas na sala multiúsos do auditorio municipal. A partir das 20 horas a de percusión que será no propio auditorio municipal.

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, destacou a importancia que ten “que o alumnado poida actuar e amosarnos as súas capacidades e todo o aprendido no primeiro cuadrimestre”.