Domingo, 4 Maio de 2025

«Merca Nadal» de Ponteareas abre as súas este domingo

'Banastra' e a Concellería de Promoción Económica convidan a achegarse á carpa da praza Maior onde haberá propostas de agasallos, produtos de calidade e actividades de lecer para toda a familia

O Centro Comercial Aberto ‘Banastra’ de Ponteareas abrirá as súas portas este domingo 15 de decembro, en horario ininterrompido, para que todas as familias poidan facer as súas compras de nadal sen presas. O Merca Nadal abrirá as súas portas na carpa da praza Maior de 11 h a 20 horas.

Os establecementos de Ponteareas ofrecerán aos visitantes ducias de propostas de agasallos para o Nadal e unha ampla oferta de produtos de calidade que fan do comercio de Ponteareas, un comercio próximo e de confianza.

A Concellería de Promoción Económica convida a toda cidadanía da área metropolitana a desfrutar do domingo en Ponteareas “onde poderá facer as súas compras, desfrutar da boa gastronomía que ofrece a hostalería local e pasar o seu tempo de lecer porque na carpa da praza Maior haberá tamén actuacións en vivo, animación infantil e sorteo de agasallos”.