Grandes resultados dos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas no Campionato de España de Longa distancia, celebrado onte na piscina de 50 m do Centro de Alto Rendemento de San Cugat (Barcelona) con cronometraxe electrónica. Por unha banda, magnífica cuarta posición final na clasificación conxunta feminina e masculina; por outra e a nivel individual, subliñar a medalla de ouro, coma Campión de España, de Pablo Cabana nos 5.000 m Júnior-1 (55:54.90) a máis de 30 segundos do seguinte clasificado.

Salientables tamén os papeis de Sofía Carballo, –5ª (37:54.31)– e Iria Lemos, –9ª (38:30.86)–, nos 3.000 m infantil. Igualmente, magnífica actuación de Andrea Domínguez, 6ª nos 5.000 m Júnior-2 (1:03:53.33) e Lucas Costa nos 5.000 m sénior (57:59.12), acadando a 7ª posición.
[su_image_carousel source=”media: 29618,29617″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Coa piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino pechada esta semana e sen saber cando poderán reanudar os adestramentos, estes resultados teñen un mérito engadido. O Club Natación Ponteareas agarda que a situación sanitaria permita reanudar as competicións de natación autonómicas, de momento suspendidas, “porque iso será sinal de que a situación epidemiológica está controlada. Ánimo e sentidiño”.