6.2 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasEscape room, contacontos e obradoiros para animar á lectura na biblioteca de...

    Escape room, contacontos e obradoiros para animar á lectura na biblioteca de Ponteareas

    As actividades desenvolveranse todos os venres dende este 14 de abril ata o mes de xullo

    O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova campaña de animación á lectura cunha morea de actividades coa biblioteca municipal como escenario. Dende este 14 de abril e ata o vindeiro mes de xullo, a biblioteca acollerá cada venres “iniciativas diferentes e divertidas que sabemos que terán unha grande acollida por parte do público e que achegará á veciñanza ao pracer de ler”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

    Deste xeito, durante tres meses a biblioteca acollerá actividades varias máis tradicionais como obradoiros e contacontos, pero tamén iniciativas innovadoras como escape room deseñadas para o público máis novo. Todas as actividades desenvolveranse de 18.00 a 19.30 horas e estarán dirixidas a nenos a partir dos 5 anos.

    Haberá prazas limitadas polo que para participar é necesario facer a correspondente reserva na propia biblioteca municipal, a través do correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es ou no teléfono 986 660 765.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.