Luns, 20 Xaneiro de 2025

CNPonteareas, campión en augas abertas

O sábado 30 de setembro disputouse na praia da malagueta, en Málaga, a última etapa da Copa de España de natación en augas abertas 2023.

Por segundo ano consecutivo, o Club Natación Ponteareas proclamouse Campión por equipos deste prestixioso circuíto nacional, que contou con etapas en diferentes localizacións do país e que en Galicia fixo parada na Coruña (travesía do Dique) e Ponteareas (Travesía Vila do Tea).

A esta vitoria por equipos hai que engadir podios individuais dos nadadores ponteareáns:

  • Lucas Costa, subcampión categoría sénior
  • Darío Pérez, subcampión categoría júnior-2
  • Lucas Leirós, subcampión categoría infantil
  • Inés Borge, medalla de bronce categoría junior-1

Ademais, a este éxito hai que sumar o título que recentemente conquistou o club do condado, proclamándose campión absoluto e máster por equipos do circuíto galego “Arzúa-Ulloa” de augas abertas 2023, poñendo se esta forma dous broches de ouro á tempada de augas abertas e asegurando unha canteira crecente nesta disciplina.