O Goberno local de Ponteareas anunciou hoxe que as persoas interesadas xa poden consultar as bases para a concesión das axudas económicas aos negocios do municipio afectados pola declaración do estado de alarma polo COVID-19.
Na páxina web do Concello, no botón “Axudas directas COVID-19” ou premendo directamente nesta ligazón, os e as interesadas poderán acceder ás bases e anexos desta axuda directa.
Deberán solicitarse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello a partir do martes día 5 ás oito da mañá (xa que serán publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia o luns día 4 de maio). Todas as persoas que o precisen poderán informarse no correo electrónico [email protected] ou telefónicamente de luns a venres de 9 a 14 horas no número de teléfono 687 209 961.