22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Xunta mantén o peche perimetral en Ponteareas, que baixa a nivel...

    A Xunta mantén o peche perimetral en Ponteareas, que baixa a nivel medio-alto, e realiza cribado a comercio e hostalaría

    Onte martes o número de casos activos situouse en 43

    A Xunta vén de comunicar ao Concello de Ponteareas a nova situación sanitaria tras a xuntanza do comité clínico da Consellería de Sanidade. Onte martes, o número de casos situábase en 43.

    Tal como establecen as normas da Xunta, a localidade debe manter o peche perimetral, pero baixa a nivel medio-alto, o que supón a posibilidade de apertura da hostalaría cun aforo interior dun 30%, podendo estar aberta ata as 18 horas. O aforo en terrazas continúa a ser do 50%, e os grupos non poden superar as catro persoas. Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste mércores,  tras publicárense no Diario Oficial de Galicia.

    Ante a insistencia da concelleira de saúde e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, para a realización dun cribado na localidade, a Xunta autorizou ao Concello a facilitar unha listaxe de persoas voluntarias para asistir ao Hospital Álvaro Cunqueiro a realizar un cribado por sectores. Fdez. Davila sinalou que “o primeiro cribado realizarase entre traballadoras e traballadores do comercio, hostalaría, Praza de Abastos e persoal municipal, xa que todas elas son persoas que maioritariamente traballan con atención ao público e contactan a diario cun amplo número de persoas.” A alcaldesa en funcións informou que “continuaranse elaborando listaxes doutros sectores para realizar as PCR en seguintes fases nas vindeiras semanas, cumprindo así as limitacións que nos marca a Xunta”.

    Neste sentido, a Concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, facilita un formulario (https://ponteareas.gal/cribado-para-comercio-e-hostalaria/) para que ditas traballadoras e traballadores poidan anotarse antes do luns 28 de decembro. A continuación, o Concello transmitirá estes datos ao Sergas para que contacten con cada persoa e a convoquen para a realización da PCR. Así mesmo, o goberno local pon a disposición de comercio e hostalaría un enderezo electrónico (promocioneconomica@ponteareas.gal) e un teléfono de contacto  (673855422) para poder solucionar calquera dúbida.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS