10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA San Silvestre recolle máis de 1.500 kg de axuda para o...

    A San Silvestre recolle máis de 1.500 kg de axuda para o centro de reparto de alimentos municipal

    O Concello agradece a implicación dos Taninos Runners e de todas as persoas participantes para encher Ponteareas de deporte e solidariedade

    A carreira de San Silvestre de Ponteareas convértese unha edición máis en sinónimo de solidariedade. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, informa que tras o reconto contabilizáronse 1.541 quilos de axuda destinada ao centro de reparto de alimentos municipal. Máis de tonelada e media de bondade que deixa entre os produtos máis doados pasta e arroz como alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene.

    “Dende o Concello queremos agradecer o traballo dos Taninos Runners para levar adiante un ano máis esta fermosa iniciativa con todas as precaucións que a situación sanitaria demanda e tamén de todas as persoas participantes que amosaron o seu lado máis solidario achegando produtos que se destinarán ás familias que máis o precisen. A súa implicación sempre é imprescindible”, destaca a edil. Verónica Carrera tamén quixo salientar o papel de todas as persoas voluntarias, membros de Protección Civil, empresas e comercios locais que colaboraron de diferentes xeitos para que a proba fora un éxito.

    Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, súmase tamén ao agradecemento á organización polo “inxente traballo desinteresado para que todas e todos puideramos gozar dun evento totalmente seguro, enchendo a vila de deporte e solidariedade”.

    Os e as 750 participantes na categoría de adultos e os 250 corredores e corredoras da categoría infantil fixeron posible esta nova cifra. Dende os Taninos Runners amósanse satisfeitos por compartir quilómetros cun grupo de participantes con tan bo facer e con tantas ganas de achegar o seu gran de solidariedade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.