25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Policía Local de Ponteareas denuncia a cinco vendedores ambulantes por non...

    A Policía Local de Ponteareas denuncia a cinco vendedores ambulantes por non usar máscara de protección

    A Policía da por concluída a inspección de todos os locais de ocio nocturno iniciada hai tres semanas e clausurouse e precintouse un que carecía de licenza

    A Policía Local de Ponteareas realizou unha inspección da feira do pasado día 14 e denunciou a cinco vendedores ambulantes por non empregar máscara na súa actividade. As inspeccións continuarán a diario nas rúas e locais de Ponteareas para asegurar que a veciñanza cumpre coas normas derivadas da crise sanitaria.

    Por outra banda na fin de semana pasada a Policía Local realizou novos controis de locais de ocio nocturno, completando a inspección de todos eles iniciada hai tres semanas, que atinxíu a unha veintena de locais, e na que se detectaron diferentes infraccións nalgúns deles.

    A Policía Local salienta que estas inspeccións permiten que os locais corrixan e subsanen deficiencias como ter os extintores caducados, carecer de libro ou follas de reclamación, non dispoñer da información sobre o aforo ou sobre a prohibición de venda de alcohol e tabaco a menores, etc.

    Por outra banda, a Policía Local procedeu á clausura e precintado dun local de hostelaría situado na Rúa Real que viña causando problemas reiterados á veciñanza da zona e que carecía de licenza.

    Ademais, dúas patrullas da Policía realizaron controis de alcoholemia e drogas o sábado á noite en diferentes rúas da localidade detectándose varios positivos que deron lugar a infracción administrativa

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.