11.9 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA mocidade ponteareá tomará as rúas para facer reflexionar sobre a importancia...

    A mocidade ponteareá tomará as rúas para facer reflexionar sobre a importancia da auga no planeta

    A mocidade ponteareá mobilízase dun xeito diferente. O centro social acolle este sábado 18 de marzo un obradoiro de comunicación de guerrilla, un novo concepto que busca facer reflexionar á poboación a través de intervencións no espazo público, como performances, do uso non vandálico do mobiliario público e outras estratexias relacionadas co mundo da publicidade.

    Os mozos poderán participar neste obradoiro de balde enmarcado no proxecto ‘People&Planet. Un destino común’, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, Agareso. Nel, ao longo de oito horas, aprenderán as peculiaridades desta táctica comunicativa e sensibilizaranse sobre a importancia que ten a auga no planeta, os problemas do cambio climático e o seu grave impacto no mundo e na vida das persoas para converterse en axentes activos do cambio.

    Coa posta en valor da auga, as e os participantes poderán expor as inquedanzas que teñan sobre este tema no seu propio concello e deseñarán unha proposta de acción real para poder levar á práctica co apoio do Concello.

    O obradoiro impartirase de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas no centro social na rúa Oriente, 8. As persoas interesadas en participar deberán facer inscrición previa no correo electrónico a mocidadeviva@ponteareas.gal ou a través do teléfono 687 76 45 16.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS