Sábado, 3 Maio de 2025

A concellería de Mocidade de Ponteareas organiza unha excursión á Siradella, O Grove, para coñecer a súa riqueza natural

A Concellería de Mocidade e Voluntariado, que xestiona Miguel Bouzó, vén de organizar para este vindeiro venres, 21 de agosto, unha excursión a Siradella. A actividade é totalmente de balde e está destinada a mozos e mozas a partir de 12 anos que poderán visitar o Centro de Interpretación do monte A Siradella e participar na ruta guiada no complexo Intermareal Umia-O Grove. Ademais visitarán o museo da Salga e Punta Moreiras.

O complexo intermareal Umia-O Grove está incluído na listaxe de humedais de importancia internacional (Humedal RAMSAR) e na zona de especial protección para as aves (ZEPA).

A hora de saída será ás nove da mañá dende a estación de autobuses cun horario de chegada aproximado de arredor das 20:30 horas e para particpar é imprescindible inscribirse no enderezo electrónico [email protected].

Esta excursión forma parte do proxecto de voluntariado ambiental xuvenil que se está a desenvolver este verán e no que participan máis de vinte mozas e mozos.