Domingo, 4 Maio de 2025

Xornada nocturna gratuita en Mondariz

Observación astronómica "Camiño das estrelas"

A noite do venres 24 de xullo viviremos unha experiencia de interpretación de ceo nocturno e da observación astronómica.

Con esta experiencia astronómica pretendemos achegar a astronomía, de forma sinxela. Hoxe día hai un gran descoñecemento do cosmos, e é por iso que o principal obxectivo desta experiencia é a divulgación das marabillas do universo, mergullándonos no cosmos ata o punto de ter a sensación de tocas a Lúa e os planetas, creando unha experiencia única.

Esta actividade está dirixida a calquera persoa de 6 anos en adiante. Os/as menores terán que vir acompañados por unha persoa adulta.

O prazo de inscrición estará aberto ata as 14 h do mesmo 24 de xullo. Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto coa OMIX do concello de Mondariz. 986 664 306 / 680 964 461 – [email protected]

Non se atenderá a ninguén persoalmente se cita previa.