A Biblioteca Pública Municipal de Mondariz acollerá, o sábado 3 de outubro unha xornada técnica sobre “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético”. A inscrición permanecerá aberta ata o día 29 de setembro e o aforo estará limitado a 12 persoas.
A actividade está dirixida, preferentemente a mozos e mozas do medio dural, traballadores e traballadoras do sector agrario, agroalimentario e forestal; persoas propietarias de explotacións agrícolas ou forestais; membros das comunidades de montes veciñais en man común e de asociacións rurais; persoas tituladas de ciclos formativos da rama agroforestal e empresas agrícolas, agroalimentarias e forestais.
A apertura da xornada que terá lugar o 3 de outubro ás 9:30 horas a cargo de Francisco Javier Silva Pando, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e coordinador das cornadas, que procederá á descrición do proxecto Obtención de infusións e esencias a partir de procedencias galegas de especies silvestres, medicinais e aromáticas. O propio Silva Pando desenvolverá o primeiro relatorio sobre Plantas de interese medicinal, aromático e cosmético en Galicia.
A este primeiro relatorio seguirá o desenvolvido por Nicanor Floro Andrés Rodríguez, director de oficina de Farmacia en Vigo, que tratará os Principios acctivos das plantas medicinais: actividade terapéutica dos principais grupos.
Logo dunha pausa, Ruth María Barros Camba do IES Calvo Sotelo da Coruña, falará sobre O cultivo de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético. Posibilidades en Galicia. Os relatorios da mañá rematarán co ofrecido por Carmen Valiño Vázquez, de ‘Milhulloa’ de Caldas de Reis que tratará sobre O procesado industrial de plantas medicinais, aromáticas e cosméticas.
As sesións de tarde iniciaránse as 16 horas con Normas de recolección de plantas para uso medicinal e aromático a cargo de Francisco Javier Silva Pando e Pilar Furones Pérez do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
A xornada rematará cunha mesa redonda na que, baixo o título xenérico de Obtención de extractos de plantas medicinais e aromáticas. Oleatos, tinturas, destilados e hidrolatos florais, contará coa participación de Carmen Valiño Vázquez, María Jesús Expósito Casal, Pilar Furones Pérez e Francisco Javier Silva Pando.
A inscrición previa desta actividade organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, pode realizarse ou a través desta ligazón web, enchendo a solicitude e enviándola por correo ao enderezo [email protected]. A reserva de prazas será prerferente ás persoas e actividades anteriormente citadas e por orde de inscrición. A organización, posteriormente, confirmará por correo electrónico a selección ás persoas participantes.
Para o día 10 de outubro, está previda unha segunda edición desta xornada da que, oportunamente, darase a coñecer o prazo de inscrición.