Venres, 2 Maio de 2025

Mondariz Balneario acolle este sábado 29 o concerto de ‘Santana Swing’ ao abeiro do programa «Musigal» da Deputación

Na actuación, que terá lugarás 22:00 horas, a artista fai un percorrido polas cancións das mulleres máis relevantes da historia do jazz e presenta composicións propias

O son do jazz soará esta última fin de semana de xullo en Mondariz Balneario a través da actuación de Santana Swing, enmarcada no programa Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. O concerto terá lugar este sábado 29 a partir das 22:00 horas nos Xardíns do Gran Hotel da vila.

Nesta actuación, a artista Ariadna Santana fará un percorrido polas cancións das mulleres máis relevantes na historia do jazz e presentará algunha das súas composicións propias. Para elo, Santana Swing trasladará ao público asistente ás salas de festa de principios do século XX e incorporará a músicos influenciados por Django Reinhardt, así como polas correntes do jazz e da improvisación.