Sábado, 3 Maio de 2025

Balneario de Mondariz, destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove o IFEMA

O Balneario de Mondariz foi destacado como destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove IFEMA Madrid. Un portal dixital construído coma un espazo de encontro físico–dixital para todas as persoas, institucións e empresas para o desenvolvemento desta nova xeración, a dos maiores de 50, que controla o 70% da riqueza e decide a metade do gasto en gran consumo, e ao redor da cal se articula a silver economy, considerada, se fose unha nación, como a 3ª potencia económica mundial.

A calidade das augas mineromedicinales da vila termal recomendadas para acougar os síntomas de fatiga, a tensión, as lesións musculares ou reumatolóxicas son un dos alicientes deste destino galego que leva máis de tres séculos defendendo a medicina natural que destaca este dixital. Augas termais que son saúde e relaxación, axuda aa hidratarnos e a botar o freo ao noso axitado ritmo diario cando a gozamos en postura horizontal, ben a través de baños en termas, de inhalación de auga con propiedades, de masaxes relaxantes, de lodos termais, de duchas de auga quente e fría… H2Ou que emana da terra quente e con propiedades curativas e que converte ao Balneario de Mondariz como un destino para desconectar do mundanal ruído e a opción máis a man de quen está a piques de terminar o Camiño de Santiago para descansar ao grande. De feito, o Camiño portugués (bastante menos masificado que o francés) fai parada no Balneario de Mondariz. Fundado a finais do século XIX sobre o asentamento romano que deu fama ás súas augas mineromedicinales, declaradas de utilidade pública polo goberno español en 1873.

Encontro Silver

Esta plataforma dixital, que congrega á poboación silver para compartir coñecemento, inquietudes e intereses a través de información actualizada, noticias, entrevistas e reportaxes, así como unha coidada axenda de lecer e eventos socioeconómicos de interese, conta, ademais, cunha comunidade participativa que conecta ás persoas que compoñen esta xeración. Desde o xoves 25 ata o sábado 27 de novembro de 2021 terá lugar en IFEMA Madrid o primeiro gran evento da xeración silver. Durante tres días, os asistentes poderán asistir a encontros, debates profesionais, propostas culturais e de lecer que recollerán as demandas e os intereses desta nova xeración. Un amplo programa de actividades onde se presentarán aqueles produtos e servizos que serán claves para o benestar, o desenvolvemento social e o progreso económico deste colectivo durante as próximas décadas. Un encontro multidisciplinar pioneiro pensado para cubrir as necesidades, as inquietudes e as preocupacións da xeración silver.