17.5 C
Pontevedra
Venres, 2 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondariz BalnearioA plataforma SOS Fonte de Troncoso censura ao Concello por non limpar...

    A plataforma SOS Fonte de Troncoso censura ao Concello por non limpar ese histórico manancial

    A Semana Santa atrae a Mondariz Balneario a centos de visitantes, que enchen o hotel para coñecer o patrimonio natural e cultural

    A plataforma SOS Fonte de Troncoso vén de censurar publicamente ao alcalde de Mondariz Balneario “por non limpar nin adecentar este histórico manancial esta Semana Santa”. A Plataforma lembra que centos de visitantes de toda Galicia alóxanse estes días no hotel Balneario de Mondariz e aproveitan para visitar e coñecer o patrimonio natural e cultural da vila balnearia: os paseos fluviais, os xardíns histócios e o patrimonio arquitectónico que debemos á creatividade de arquitectos como Jenaro de la Fuente ou Antonio Palacios, que chegaron a Mondariz da man da familia Peinador hai máis dun século.

    Click para ampliar

    A Fonte de Troncoso é un edificio de propiedade municipal grazas á unha resolución do Xulgado do Mercantil nº 5 de Madrid do pasado 23 de novembro de 2020.

    “Cando os visitantes chegan á parte visitable deste manancial, a fonte propiamente dita, que está cuberta por unha marquesiña –apunta a Plataforma SOS Fonte de Troncoso–, os agüistas atopan unha instalación sucia, desatendida e cuberta de follaxe e barro”. Consideran que esa non é a imaxe que debe proxectar a vila balnearia en ningún momento, en particular durante os períodos vacacionais polo que non atopan explicación “ao desleixo e abandono que sufre o patrimonio cultural de Mondariz Balneario”.

    Deber de conservación

    A Plataforma subliña o feito que as leis establecen a obriga dos propietarios/as de bens culturais a conservalos e mantelos en bo estado material, “así como o deber dos concellos a ordenar a execución de obras cando o estado das edificacións non sexa o axeitado. Así, a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia establece no seu art. 25:

    1. Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrución ou deterioración.
    2. Os poderes públicos garantirán a protección, a conservación e o enriquecemento do Patrimonio Cultural de Galicia.”

    Xa que logo o Concello de Mondariz Balneario “está obrigado por lei a executar as medidas necesarias para conservar en boas condicións todos os seus inmobles, máxime se estes están protexidos pola Lei do Patrimonio Cultural en virtude dos seus valores históricos e arquitectónicos”, conclúe a Plataforma SOS Fonte de Troncoso.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS