Sábado, 3 Maio de 2025

Os amantes do coral teñen unha cita este domingo no Porriño

Os amantes do canto coral teñen unha cita este domingo no Porriño. A Avenida de Galicia acollerá, a partir das 20 horas, o concerto no que participarán tres agrupacións porriñesas:

  • Coral da Asociación Veciñal Agarimo de Torneiros
  • Coral Os Penediños de Atios
  • Coral Polifónica San Blas de Budiño

Esta última estará acompañada pola reputada Banda de Música de Alcalá de Guadaíra, de Sevilla con cuxo director, Ángel Lasheras, a coral de Budiño garda unha estreita relación.