10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño vai ter Festas do Cristo "diferentes e seguras" neste 2020

    O Porriño vai ter Festas do Cristo “diferentes e seguras” neste 2020

    O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou onte Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.

    No acto de presentación celebrado na praza Arquitecto Antonio Palacios, diante da Casa do Concello, Eva García avogou por “un comportamento responsable da veciñanza porriñesa á hora de gozar destas Festas do Cristo”. “Entendo que os nosos veciños e veciñas van seguir sendo exemplares nos coidados e nas medidas de seguridade e protección”, manifestou.

    Cami Moreira, concelleira de Cultura, responsable da organización destas Festas indicou que “neste ano, todas as actuacións serán en recintos reducidos, con aforos limitados e cadeiras”. A concelleira subliñou que entre as novidades desta edición “un auto cine que habilitaremos no aparcadoiro Karting, en Torneiros, fronte a “Maderas Iglesias”, onde proxectaremos as curtas gañadoras no recente Festival de Cans”, indicou Cami Moreira. Para manter o control e a seguridade, as persoas que desexen acudir cos seus vehículos deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico cultura@oporrino.org.

    Nesta edición das Festas do Cristo sí haberá Festa dos Callos que terá lugar o domingo 4 de outubro con animación de rúa a cargo da “Agrupación Feixoada”. Será a edición número 27 “aínda que coas limitacións esixibles polos protocolos anti-Covid e centrada nos establecementos da hostalaría local”, segundo explicou Moreira Fontán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.