Sábado, 3 Maio de 2025

O Porriño presenta a súa programación para o 25N baixo o lema “O amor non é violencia”

Dende a Concellería de Igualdade do Porriño, dentro da campaña polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, estanse a desenvolver varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”.

O mesmo Día Internacional, 25 de novembro, a partir das 19:00h, desde a praza do Concello, farase un percorrido por catro camiños violentos, onde poderanse seguir as pegadas e as frases que a moitas mulleres lle acompañan no seu día a día.

Son frases machistas, expresións propias de relacións tóxicas e violentas. As frases, pegadas e o lema irán pintados no chan en cor lila. Até chegar a un panel que nos amosa un amor sa e unha relación de igual a igual entre persoas, onde se pode ver que O AMOR NON É VIOLENCIA.

Os murais irán situados en lugares escuros, aínda que de moito tránsito: calexóns, accesos a aparcadoiros…As catro artistas convidadas son:

Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e Lorena Arévalo.

Asignarase a cada artista ou colectivo unha temática diferente:

  • Percorrido 1: “amor adolescente”, Eva Casais
  • Percorrido 2: “amor adulto con fillos”, Gemma Marqués
  • Percorrido 3: “amor a unha mesma”, Tamara Baz
  • Percorrido 4: “amor entre persoas do mesmo xénero”, Lorena Arévalo