Ao longo desta semana o Concello do Porriño continuará desenvolvendo o Plan de Mellora de Subministros da Piscina Municipal coa chegada do novo material para esta instalación o que permitirá renovar e ampliar o xa existente. Esta actuación supoñerá un investimento de 30.746 € con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
Na memoria explicativa achegada polo Concello do Porriño para xustificar a solixitude da achega económica, explicase que a Piscina Municipal inaugurada en 1997 e cunha media de más de 70.000 usos anuais necesitaba actuacións que palíen as deficiencias que acumulou durante estes 32 anos en funcionamiento.
Entre o material recibido figuran 87 táboas de natación grandes e medianas, 80 rulos, 48 cinturóns de aprendizaxe para adultos e infantís ou 24 mancuernas de aquaerobic, entre outros.
Asimesmo, ademáis do material deportivo para a instrucción, recibiuse tamén unha cadeira especial de rodas para uso da Piscina por persoas con discapacidades funcionáis e un robot limpiafondos para a limpeza diaria do vaso. Asimesmo, dada a elevada afluencia de usuarios e a formación de socorristas, solicitouse e rcibiuse un desfibrilador DESA.
Ainda falta acometer, coa achega da Deputación, a substitución das portas de acceso ao recinto así como as portas dos vestiarios adaptados que presentan un notable deterioro.