3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño avanza na mellora das súas instalacións deportivas

    O Porriño avanza na mellora das súas instalacións deportivas

    O Concello do Porriño continúa traballando para que as súas instalacións deportivas ofrezcan o mellor servizo aos usuarios e aos clubes deportivos que as utilizan.

    Entre elas, as dos campos de fútbol dos diferentes clubs do municipio nos que se levarán melloras a curto prazo que aumenten o rendemento destas instalación, reforcen a seguridade e permitan unha maior calidade deportiva no seu uso. As primeiras proxectadas, tal e como anunciaron hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de deportes, Abel Estévez, son as que se levarán a cabo nos campos de San Campio en Pontellas e do Lourambal, que usan o CD Pontellas e o Porriño Industrial, respectivamente.

    En ambas pistas procederase á substitución do actual céspede de herba por articficial. “Debido ás crecentes necesidades de uso faise necesario adecualos e dotalos de céspede artificial para permitir a súa utilización por varios equipos e ter a posibilidade de que se xoguen varios partidos nun mesmo día, cuestión que un campo de herba natural non permite”, explicou o rexedor. En ambos campos de xogo a remodelación farase atendendo aos requisitos definidos pola normativa para garantir as condicións nas que deben desenvolverse a práctica deportiva.  “É moi importante que todas e cada unha das instalacións que usas os nosos clubes estén nas mellores condicións, xa que tamén as usas as categorías inferiores, xa o deporte base é unha das nosas apostas”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.