Venres, 13 Decembro de 2024

O Concello do Porriño adxudicou un total de 112.280 euros en axudas para paliar os efectos da pandemia

O Concello do Porriño adxudicou, ao longo deste ano 2021, un importe total del 112.280 euros do seu orzamento para axudas económicas. Estas subvencións foron destinadas para paliar as consecuencias das restricións pola Covid entre os sectores da hostalería, comercio, autónomos e micro empresas da comarca.

Coa resolución desta terceira quenda de peticións que decidiu o tribunal avaliador, rematouse esa parte do proceso. Aínda resta rematar cos pagos das últimas axudas concedidas. Ata o momento abonáronse axudas por un importe de 60.667 euros e restan por pagar 50.112 euros.

Segundo os datos do expediente tramitado polo Servizo de Intervención Municipal, das 115 solicitudes presentadas, tan só denegáronse 29 peticións por non cumprir cos requisitos da convocatoria.

O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais.

Como finalmente dispuxéronse 112.280 euros con cargo ao fondo total de 140.000 euros que acordou por unanimidade o pleno da Corporación Local do Porriño, o goberno municipal deberá decidir o destino do remanente sobrante de común acordo cos restantes grupos políticos, previa consulta nunha xunta de voceiros para escoitar propostas.  

O fondo de 140.000 euros para axudas Covid foi dotado mediante recursos propios do Concello, a través dunha modificación de crédito, e coa achega concedida pola Deputación de Pontevedra.