8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO BNG do Porriño organiza unha ruta guiada polo río Louro

    O BNG do Porriño organiza unha ruta guiada polo río Louro

    O vindeiro domingo 12 de novembro o BNG ofrece unhaandaina aberta a todas as persoas interesadas en coñecer a diversidade das ribeiras do río Louro e tomar conciencia do seu valor ecolóxicoA ruta vai ser dinamizada por un técnico ambiental que falará de ecosistemas e de especies, co fin de valorizar o río no seu paso polo Porriño e tamén aprender cuestións relativas á súa protección. Esta acción forma parte da liña de actuacións que o BNG está a pór en marcha para conseguir para o río a figura de protección ENIL (Espazo Natural de Interese Local).

    O ENIL é unha ferramenta poderosa ao alcance da administración local que axudaría a rexenerar os bosques de ribeira e tamén a defendelos de futuras ameazas, ademais de conseguir unha maior implicación cidadá no coidado activo do río ao estimar os nosos valores naturais.

    O punto de encontro para esta actividade será no palco de San Bieito ás 10.30 horas e terá unha duración de dúas horas e media. Toda persoa interesada poderá sumarse facendo a inscrición previa no tlf. 664687961 ou no correo oporrinho@bng.gal.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.