Domingo, 4 Maio de 2025

O alcalde do Porriño, Alejando Lorenzo, encarga a reparación urxente dos parques infantís

Unha das primeiras medidas ordenadas polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, é a reparación urxente de columpios e outros elementos de todos os parques infantís do concello.

As actuacións comezaron na mañá de onte no Parque Infantil, onde tres operarios do Servizo de Deportes comezaron a reparar o tobogán e outros elementos deste espazo, que se atopa en estado de abandono. O alcalde, en compañía do concelleiro Abel Estévez, acudiu a comprobar o inicio dos traballos.

Alejandro Lorenzo decidiu que “o mantemento dos parques infantís corre directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia que se estenderá a todos os parques infantís do municipio que se atopen nun estado lamentable”.

Alejandro Lorenzo anunciou que se fará un “mantemento diario” e que “a principios de ano trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño cunhas instalacións acordes ao século que vivimos”, concluíu o concelleiro porriñés.